Os penaltis definen o XXX Trofeo Concello de Ribadumia
- cdribadumia1959
- 24 ago 2022
- 1 Min. de lectura
O CD Ribadumia e o Alondras CF ofreceron un partido moi intenso e atractivo para o espectador neutral. Malia comezar perdendo, o equipo aurinegro foi quen de empatar o encontro cun fermoso gol obra de Nando.
Rematado o tempo regulamentario, os lanzamentos dende o punto de penalti decidiron o vencedor desta edición do Trofeo organizado polo Concello de Ribadumia. A sorte foi para o conxunto cangués.
Esta semana, dobre ración de fútbol de fin de semana para o plantel sénior, con un encontro fóra da casa o sábado, e un amigable moi especial o domingo.

תגובות