top of page
cdribadumia1959

Fin de semana de grandes sensacións (e resultados)


Esta fin de semana tivo dobre ración de fútbol para o noso sénior masculino.


SCD Ponte Caldelas 2 - 3 CD Ribadumia

O sábado, os nosos xogadores acababan unha vitoria xusta pero, á vista do xogo amosado, algo curta, fronte a un rival que competiu moi ben e foi quen de aproveitar as súas ocasións, sendo ambos os seus goles obra dun balón parado moi ben executado.


Pola nosa banda, un dos destacados foi, sen dúbida, Facu. Autor de dous goles, a última fichaxe deste verán demostrou estar a coller ritmo a pasos axigantados. O gol restante foi obra de Eloy Conde, nun rexeite a balón parado no que o central de Vilagarcía estivo rápido.

Na imaxe, Rubén Cerqueiras recibindo o Trofeo despois da vitoria.


Xuventude de Sisán CF 1 - 6 CD Ribadumia


Partido homenaxe a José Ramón Serantes Moraña 'PEQUE'. Querido por todos, chegou a debutar no plantel sénior antes de falecer de xeito tráxico e prematuro aos 18 anos. O partido serviu para rendirlle tributo, xa que no X. de Sisán xogan algúns dos seus ex-compañeiros de equipo e amigos da infancia (David Pereira, Jose Rodiño, Alex Torres...), e o resultado foi o de menos.


Destacar a gran afluencia de público e o emotivo discurso da irmá de Peque, Bárbara.


Onces iniciais do encontro entre o Sisán e o CD Ribadumia en A Senra 2.




174 visualizaciones1 comentario

Entradas recientes

Ver todo

PABELLÓN CF

1 Comment


Guest
Aug 31, 2022

Doy mi enhorabuena a los dos equipos de fútbol!!!

Fue un Memorial emocionante!!!!!

Like
bottom of page